Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Información sobre la semana de la Administración Abierta
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
Maica Larriba compromete o seu impulso o proxecto de urbanización da N-120 ao seu paso por A Cañiza
16/01/2020
Durante esta mañá a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba e o alcalde da Cañiza, Luís Piña, trataron diversos temas que afectan a ambas as administracións. En concreto,a urbanización da N-120 ao seu paso polo municipio aprobada en outubro de 2018 polo Ministerio de Fomento
A subdelegada do Goberno mantivo unha reunión de traballo co actual alcalde da Cañiza, Luís Piña, na que puideron repasar algúns temas municipais nos que ten unha implicación directa a Administración Central do Estado. Entre eles, un dos máis destacados é o proxecto de urbanización dos dous tramos da N-120 ao seu paso polo centro urbano da localidade, redactado desde 2015 e que, finalmente, foi aprobado en outubro de 2018 polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana baixo a titularidade de Jose Luís Ábalos.
Maica Larriba comprometeuse a impulsar a execución desta necesaria mellora de urbanización desta estrada o seu paso polo centro da vila de maneira que durante este ano poida dotarse co financiamento necesario para a súa realización. Este proxecto, que supoñerá un investimento de 238.000 euros, cumprirá cunha importante mellora no estado dos viais e mantemento municipal.
Por este motivo, Luís Piña tamén explicou a necesidade de abordar a renovación dos servizos de abastecemento de rede de sumidoiros e luz que se atopan no subsolo desta zona para urbanizar dado o seu estado de conservación.
Neste senso, Larriba considerou que antes de iniciar a obra por parte do Mitma da urbanización da zona teríase que acadar un acordo entre as dúas administracións para buscar a fórmula de financiar a renovación dos servizos municipais de xeito que poidase acometer de maneira conxunta ambas las dúas actuacións.
Luis Piña agradeceu á subdelegada a súa receptividade a esta demanda do concello de A Cañiza que leva esperando por esta mellora dende o ano 2015 e que, por fin, veu aprobado o se proxecto co novo goberno.
Pola súa banda, Maica Larriba subliñou que dende o seu primeiro día mantivo como unha máxima a súa colaboración con todas as administracións da provincia, especialmente cos concellos de aí o seu compromiso para impulsar esta nova actuación de Transportes na provincia.