Hasiera > Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritzak > Gobernuaren Ordezkaritza Galiziako Autonomia Erkidegoan > Gaurkotasuna > Prentsa-oharrak > Notas > 2021 > Noviembre > José Miñones traslada o compromiso da Goberno coa promoción e defensa da lingua galega como signo de identidade e de unión de Galicia
Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
José Miñones traslada o compromiso da Goberno coa promoción e defensa da lingua galega como signo de identidade e de unión de Galicia
15/11/2021
Avanza que o Ministerio de Transportes comezará en 2022 a rehabilitación íntegra a sede da RAG cun investimento de 2 millóns de euros
Detalla que o Ministerio de Ciencia aportará no vindeiro ano máis de 300.000 euros para financiar o funcionamento da institución
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou hoxe ao presidente da Real Academia Galega o compromiso do Goberno coa promoción, defensa e uso institucional do idioma galego así como co funcionamento da principal institución académica en defensa da lingua.
José Miñones realizou unha visita institucional á sede da RAG, que percorreu xunto co seu presidente, Víctor F. Freixanes. Xunto a eles asistiron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas,e o secretario da Academia, Henrique Monteagudo.
O delegado do Goberno detallou na visita os avances que está facendo o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana respecto á rehabilitación integral do edificio propiedade da Real Academia na rúa Tabernas. Trátase dun proxecto incluído no Programa de Rehabilitación Arquitectónica e que suporá un investimento de 2 millóns de euros.
O delegado explicou que os servicios técnicos do Ministerio están a avaliar o proxecto de execución elaborado polo estudio Moure e Pascual, para poder iniciar as obras no próximo ano: “Os orzamentos de 2022 xa contemplan unha partida inicial para arrincar os traballos”, engadiu.
A actuación inclúe traballos de restauración, modernización e nova distribución do edificio que, lembrou José Miñones, “foi casa de Emilia Pardo Bazán e hoxe é museo e ademais, atópase nun enclave histórico e a uns pasos da igrexa de Santiago”.
O delegado do Goberno avanzou tamén ao presidente da Real Academia os compromisos de financiamento da actividade académica. Así, en 2022, a través do Ministerio de Ciencia e Innovación, “imos aprobar unha subvención que supera os 300.000 euros para favorecer a súa actividade”, explicou.