Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
José Miñones celebra o compromiso cumprido coa AP-9 e avanza que o seguinte paso en infraestruturas é a Alta Velocidade este ano
08/08/2021
O delegado demanda á Xunta a firma do convenio de transición xusta para As Pontes para poder programar inversións e manter os empregos
José Miñones lembra que as bonificacións da AP-9 son moi superiores ás das vías autonómicas
Continúa o compromiso do Executivo e da ministra de Industria para salvar os postos de traballo en Alcoa
O delegado do Goberno completou máis de 30.000 quilómetros e visitou máis de 30 concellos nos catro primeiros meses no cargo
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, celebrou hoxe o compromiso cumprido coas bonificacións da AP-9 e avanzou que o seguinte paso en infraestruturas é a Alta Velocidade ferroviaria este ano, que deixará a conexión entre Madrid e Galicia en dúas horas e quince minutos.
Nunha entrevista no circuíto galego de Radio Nacional, o delegado do Goberno explicou, no día en que se cumpren catro meses da súa toma de posesión, que xa suma máis de 30.000 quilómetros e máis de 30 concellos visitados, ademais de empresas e institucións en toda Galicia.
José Miñones celebrou o “compromiso cumprido en tempo e forma” coas bonificacións da autopista AP-9. “2.300 millóns de euros para beneficiar aos galegos e ás galegas”, lembrou e destacou que case a metade das persoas que usan a vía están gozando dos descontos, que “son moito mellores que as que aplica a Xunta nas súas estradas”.
A Alta Velocidade ferroviaria “é o seguinte compromiso” do Goberno coas infraestruturas galegas. “Temos ese reto por diante. A finais de ano teremos ese AVE que nos sitúe en menos de tres horas en Madrid”, subliñou sobre uns tempos de viaxe Madrid-Ourense de 2.15 ou Madrid-Santiago de 2.50 tras unha inversión de case 4.400 millóns de euros.
O delegado do Goberno incidiu no apoio do Executivo aos traballadores e traballadoras de Alcoa, unha empresa que cambiou de actitude tras a reunión da ministra de Industria, Reyes Maroto, coa súa directiva en Estados Unidos.
“O que estamos a facer desde o primeiro minuto é estar ao lado dos traballadores. Se hoxe se manteñen os empregos é grazas ao Goberno central, ao Ministerio de Industria e ao compromiso persoal da ministra Maroto. A pesar de que o Goberno non ten as competencias en materia de industria, que é a Xunta de Galicia, estamos aí”, explicou.
Con respecto ao futuro das Pontes, José Miñones detallou a “aposta evidente e necesaria pola transición ecolóxica” que ten lugar “de forma eficiente en todo o territorio sen ningún problema”, agás en Galicia.
“Hai una comunidade que non asina ese convenio de transición xusta”, dixo sobre a posición da Xunta respecto a unha iniciativa que permitirá “programar e trasladar as inversións necesarias para manter os empregos”. O delegado censurou a negativa a asinar dende hai tres meses: “Seguimos sen resposta por parte da Xunta”, dixo.
CASO SAMUEL LUIZ
No caso do crime que rematou coa vida de Samuel Luiz, o delegado destacou o “traballo profesional por parte da Policía” que levou a “cumprir ese obxectivo que era poñer aos culpables ante a Xustiza”.
Expresou, ademais, o seu “recoñecemento” aos dous cidadáns nacidos en Senegal que auxiliaron á vítima e xa teñen permiso de residencia e de traballo. “Vemos que aínda hai xente que pon en risco a súa vida para salvar a outra”, rematou.