Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
A subdelegada do Goberno preside a xunta de seguridade da Volta Ciclista ao seu paso pola provincia de Lugo
04/08/2021
A 19ª etapa da Volta, prevista para o 3 de setembro, rematará en Monforte de Lemos
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a reunión preparatoria do dispositivo de seguridade que se porá en marcha na provincia con motivo da Volta Ciclista a España, xa que a 19ª etapa desta carreira ciclista terá a súa meta en Monforte de Lemos. A etapa, que se disputará o día 3 de setembro, terá saída en Tapia de Casariego e chegada en Monforte, onde chegarán os ciclistas logo de percorrer 191.2 km, a maioría deles por estradas da provincia de Lugo.
Na xuntanza, na que varios dos asistentes interviron por vía telemática, participaron representantes da organización, da Xefatura Provincial de Tráfico, a Policía Nacional, a Garda Civil e o Subsector de Tráfico, así como da Xunta de Galicia e de distintos concellos, como Lugo, Monforte de Lemos, Sarria e Castroverde, polos que pasarán os ciclistas, aos que a organización da Volta informou do dispositivo que ten deseñado para garantir a seguridade durante a celebración da etapa.
A subdelegada do Goberno pediu que se respeten todas as medidas de seguridade, especialmente as restriccións sanitarias pola pandemia, e desexou que a etapa sexa un éxito deportivo e que transcurra con normalidade. Pola súa parte, os organizadores informaron de que teñen previsto un protocolo anti-covid moi estricto.
Tamén se analizaron as incidencias que poden producirse no tráfico debido a que o paso dos ciclistas obrigará a facer cortes puntuais na circulación nunha etapa que discorrerá, na provincia lucense, polos concellos de A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, O Corgo, Láncara, O Páramo, Sarria, O Incio, Bóveda e Monforte de Lemos, onde estará situada a meta.
O equipo de seguridade que acompaña en todas as etapas á Volta Ciclista, contará ao seu paso pola provincia de Lugo co reforzo de axentes da Policía Nacional, a Garda Civil e o Subsector de Tráfico, así como da Policía Local e de Protección Civil da nosa provincia.