Ordezkaritzak
- Ordezkaritzak
- Zer da Estatuko Administrazio Orokorra Lurraldean?
- Araudia
- Gobernuaren Ordezkaritzak
- Gobernuaren Ordezkaritza Andaluziako Autonomia Erkidegoan
- Gobernuaren Ordezkari
- Gaurkotasuna
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Gobernuaren Ordezkariordetza Sevillan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Almerian
- Gobernuaren Ordezkariordetza Cadizen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Kordoban
- Gobernuaren Ordezkariordetza Huelvan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Jaenen
- Gobernuaren Ordezkariordetza Malagan
- Gobernuaren Ordezkariordetza Granadan
José Miñones informa de que o Goberno envía á Xunta 45,6 millóns de euros de Fondos Europeos para transformar o sistema de coidados
30/05/2021
Galicia é a cuarta Comunidade que máis fondos recibe, só por detrás de Andalucía, Cataluña e Madrid
O obxectivo dos 45,6 millóns de euros é mellorar os sistemas de apoios e coidados de larga duración, modernizar os servizos sociais e perfeccionar a accesibilidade en todos os ámbitos
Está previsto que continúe o reparto de fondos nos vindeiros anos, con 2.600 millóns de euros de inversión global
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, informou hoxe de que o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, alcanzou un acordo coas comunidades autónomas para enviar á Xunta 45,6 millóns de euros de Fondos Europeos para transformar o sistema de coidados, dentro dun reparto global de 730,8 millóns para o conxunto do Estado.
O Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia certificou que Galicia recibirá 45.606.558 euros, máis dun 6% da cantidade total, correspondente ao capítulo denominado “Economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión social” do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Galicia é a cuarta Comunidade que máis fondos recibe, só por detrás de Andalucía, Cataluña e Madrid. O compromiso quedará recollido nun convenio bilateral que firmarán o Ministerio e a Xunta, no que se establecerá un mecanismo de coordinación permanente para asegurar a consecución dos obxectivos de transformación social.
A meta destes fondos é mellorar os sistemas de apoios e coidados de larga duración, modernizar os servizos sociais e perfeccionar a accesibilidade en todos os ámbitos. Os requisitos implican ás entidades locales, pois como mínimo un 15% do investimento debe estar destinado a proxectos que impliquen aos concellos. O Ministerio, ademais, levará a cabo iniciativas conxuntas coa FEMP por 40 millóns de euros.
Está previsto que continúe o reparto de fondos nos vindeiros, con 2.600 millóns de euros de inversión. A Xunta recibirá este ano o importe completo dos fondos incluso aínda que a Unión Europea non realice o primeiro ingreso, grazas á decisión do Goberno de incluilo nos Orzamentos Xerais do Estado.
O delegado do Goberno lembrou o compromiso do Executivo co escudo social para non deixar a ninguén atrás. Dende o inicio da pandemia, vén desenvolvendo un importa programa de soporte público, centrado en especial naquelas persoas que padecen más a situación, como as que están en situación de desemprego, as maiores e as dependentes.