Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2021 > Octubre > José Miñones e Luís Rey acordan reforzar a presenza policial no concello de Oroso para manter a actual garantía da seguridade pública
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios, Servicios Electrónicos y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
José Miñones e Luís Rey acordan reforzar a presenza policial no concello de Oroso para manter a actual garantía da seguridade pública
23/10/2021
O delegado do Goberno deu resposta nunha xuntanza a unha petición do Executivo local
O delegado reitera que Oroso é un concello seguro e que a coordinación entre as forzas de seguridade é intensa e frutífera
A Garda Civil dará continuidade ao intenso esforzo que realiza o Concello coa Policía Local
O índice de criminalidade en Oroso é 17,3, case a metade da taxa galega situada en 29,7 e moi por debaixo da do conxunto do Estado, que é de 39,2
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o alcalde de Oroso, Luís Rey, acordaron reforzar a presenza policial no concello para manter a actual garantía da seguridade pública. O consenso chegou nunha xuntanza que da resposta a unha petición do Executivo local.
José Miñones e Luís Rey veñen de reunirse na Delegación do Goberno para abordar a situación actual municipio. O delegado do Goberno reiterou que Oroso é un concello seguro e que a coordinación entre as forzas de seguridade é intensa e frutífera.
O delegado garantiu o traballo da Garda Civil, que dará continuidade ao intenso esforzo que realiza o Concello coa Policía Local. Ambos mandatarios coordinaron o dispositivo de seguridade e acordaron un reforzo para vindeiras datas.
Son conscientes da preocupación veciñal derivada dos ruídos nocturnos ou de actos puntuais de vandalismo, pero José Miñones reitera que Oroso é un concello seguro para vivir, traballar e visitar. A intensificación da presenza policial estará especialmente enfocada a abordar esa problemática concreta.
O delegado do Goberno lembrou que o índice de criminalidade en Oroso é 17,3 infraccións penais por cada 100.000 habitantes, case a metade da taxa galega situada en 29,7 e moi por debaixo da do conxunto do Estado, que é de 39,2. Isto amosa que Oroso é un dos concellos máis seguros.