Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
José Miñones toma posesión do seu cargo como delegado do Goberno en Galicia este xoves
06/04/2021
O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, asiste ao acto, entre outras autoridades
A toma de posesión terá lugar no salón de actos da sede da Delegación do Goberno en Galicia
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, toma posesión do seu cargo este xoves ás 16 horas. O acto celébrase tras o seu nomeamento polo Consello de Ministros do pasado 30 de marzo e a súa chegada a Delegación ao día seguinte, o mércores día 31, cando empezou a súa actividade.
A toma de posesión terá lugar no salón de actos da sede da Delegación do Goberno en Galicia, na coruñesa praza de Ourense. Asiste, entre outras autoridades, o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos.
José Miñones substitúe a Javier Losada. É o undécimo que accede a este cargo. O primeiro delegado do Goberno foi Domingo García-Sabell. O seguiron, nesta orde, Juan Miguel Diz Guedes, Arsenio Fernández de Mesa, Manuel Ameijeiras, Antón Louro, Miguel Cortizo, Xosé Manuel Pose, Samuel Juárez, Santiago Villanueva e o propio Javier Losada.
No cargo, José Miñones exercerá a representación do Goberno de España en Galicia e contará coa asistencia das catro subdelegacións provinciais. Na Coruña a subdelegada é Pilar López-Rioboo, en Lugo está Isabel Rodríguez, en Ourense, Emilio González, e en Pontevedra, Maica Larriba.
Ademais, o delegado do Goberno ten ao seu cargo a coordinación das forzas e corpos de seguridade do Estado na Comunidade e o control e xestión de diversas áreas de actuación do Executivo que dirixe Pedro Sánchez, entre outras importantes tarefas.