Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Maica Larriba inaugura a xornada sobre o impacto do Brexit na industria metalúrxica
20/02/2020
A subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu a inauguración da xornada formativa organizada por ASIME e o ICEX e subliñou o crecemento experimentado nas exportacións do sector en máis dun 6% respecto a 2018
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba inaugurou esta mañá, xunto ao xerente de ASIME, Enrique Mallón e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, unha xornada de traballo organizada pola entidade do sector e o ICEX na cidade olívica.
Maica Larriba quixo destacar a importancia que supón para o goberno de España “este sector que representa o 20% do Produto Interior Bruto desta comunidade autónoma, sendo especialmente estratéxica para a provincia de Pontevedra”.
Por ese motivo, a subdelegada do Goberno apoia este tipo de iniciativas que promovan alternativas e mellores leitos de actuación nas novas negociacións comerciais que rexerán a partir de agora co Reino Unido. Respecto diso, Larriba lembrou que “o país anglosaxón é un dos principais socios comerciais de Galicia, sendo o cuarto destino das nosas exportacións cun total de 502 empresas galegas que actualmente exportan os seus produtos cunha facturación que supera os 1600 millóns de euros ao ano.
Concretamente, a subdelegada do Goberno apuntou que “o sector metalúrxico en Pontevedra creceu en exportacións ao Reino Unido nun 6% respecto ao ano 2018, é dicir, máis de 619 millóns de euros en bens exportados, cifras que avalan a importancia desta actividade na provincia, alcanzando o 40% das exportacións na nosa comunidade autónoma”.
Maica Larriba animou ao colectivo empresarial para que transmitan ao goberno todas aquelas inquietudes que poidan percibir nos novos protocolos comerciais co Reino Unido e recomendou que “ao expor as relacións comerciais, conten coas actuais infraestruturas de control aduaneiro e sanitario en portos e aeroportos. Unhas estruturas que a administración estatal dotou de máis medios para poder cubrir as necesidades de todos os operadores".