Home > Delegations > Delegations in Autonomous Communities > Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia > News > Press Releases > Notas > 2019 > Noviembre > O Goberno aproba a cesión á Xunta da antiga escola de Enfermería para crear a Oficina de Emprego de Lugo, que será cofinanciada polo Estado
Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
O Goberno aproba a cesión á Xunta da antiga escola de Enfermería para crear a Oficina de Emprego de Lugo, que será cofinanciada polo Estado
04/11/2019
A subdelegada do Goberno informa de que o Ministerio de Traballo autorizou a proposta de cesión do uso a favor da Xunta por un prazo de 20 anos prorrogable
A Tesourería Xeral da Seguridade Social autorizara en xullo a ocupación temporal da antiga escola de Enfermería para axilizar o comezo das obras
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social aprobou a cesión á Xunta de Galicia da antiga escola de Enfermería de Lugo para crear a nova Oficina de Emprego da cidade, que cofinancian as dúas administracións. O Estado achegará 1.227.200 euros para a creación da nova dotación do servizo público de Emprego.
A cesión de uso do edificio da antiga Escola de Enfermería, que é propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social, farase gratuitamente e por un prazo de 20 anos, que será prorrogable por ambas partes.
A subdelegada explicou que a resolución xa lle foi comunicada á Xunta e a cesión será efectiva tan pronto as dúas administración asinen o preceptivo convenio.
A Tesourería Xeral da Seguridade Social, que é a propietaria da totalidade dos terreos ocupados polo antigo Complexo do Hospital Xeral de Lugo, autorizou en xullo a ocupación temporal da antiga escola de Enfermería, coa finalidade de facilitar o comezo das obras antes de que se produza a formalización do documento de cesión.
Esa autorización produciuse logo de aceptar a retrocesión por parte da Xunta do edificio denominado Escola Universitaria de Enfermería, actualmente Pavillón administrativo ou Unidade de Saúde Mental.
O Consello da Xunta aprobou o 2 de maio a retrocesión do inmoble á Tesourería Xeral da Seguridade Social, que a aceptou con data 12 de xuño.