Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat al Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma d’Andalusia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Sevilla
- Subdelegació del Govern a Almeria
- Subdelegació del Govern a Cadis
- Subdelegació del Govern a Còrdova
- Subdelegació del Govern a Huelva
- Subdelegació del Govern a Jaén
- Subdelegació del Govern a Màlaga
- Subdelegació del Govern a Granada
José Miñones agarda que o Plan de Recuperación e os Fondos Next Generation “permitan transformar Galicia”
03/10/2021
O delegado do Goberno aposta polo diálogo coa Xunta “para que Galicia estea onde merece”
José Miñones lembra que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia é unha oportunidade histórica
En Galicia hai vacinas suficientes, por está por enriba da media de España, segundo afirmou
Censura o “debate estéril” e a política de “confrontación” do Executivo autonómico
O delegado do Goberno, José Miñones, agardou hoxe que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e os Fondos Next Generation “permitan transformar Galicia”. Expresouse así durante unha entrevista no circuito galego da Cadena SER.
Para José Miñones o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia é, “sen dúbida”, unha oportunidade histórica. “O meu compromiso é que o Plan de Recuperación e os Fondos Next Generation cheguen a Galicia e permitan transformar Galicia”, defendeu.
Espera que o programa do Goberno impulsado con fondos europeos sirva para “que Galicia estea onde merece”. Centra a súa política neste ámbito, polo que as últimas visitas de ministros ou secretarios de Estado á Comunidade pivotaron en torno a este asunto, que tamén centra os seus contactos con alcaldes e alcaldesas, presidentes e presidentas provinciais e empresariado e tecido social.
José Miñones lamentou “a confrontación” da Xunta neste ámbito. “Gústame máis o diálogo”, declaraou. “Para que o Plan de Recuperación sexa un éxito é necesario que a Xunta se involucre e cambie a súa actitude”, engadiu.
VACINACIÓN FRONTE Á COVID-19
O delegado do Goberno afirmou que o Executivo envía a Galicia vacinas suficientes. “Continuamos por enriba da media de España, que é un dos países do mundo que máis está vacinando”, subliñou.
Por iso, e ante a proba de que o ritmo de vacinación é superior á media das comunidades autónomas, José Miñones sostivo que as críticas da Xunta responden a un “debate estéril de crítica e de confrontación” no que prefire non participar.