José Miñones traslada aos profesionais do mar en Galicia a aposta do Goberno pola modernización do sector pesqueiro, estratéxico para o emprego e a economía

11/11/2021

O delegado do Goberno detalla que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia adicará 1.050 millóns de euros para a innovación do sector agropesqueiro

Anuncia a convocatoria das primeiras liñas de financiación e axudas para impulsar a innovación tecnolóxica en toda a cadea mar-industria e fomentar a competitividade das empresa pesqueiras

Agradece ao profesionais do mar o esforzo acometido durante a pandemia para garantir o abastecemento de peixe fresco á cidadanía


.O delegado del Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou hoxe ao sector pesqueiro de Galicia a aposta do Goberno pola súa modernización e innovación a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia mediante investimentos e reformas que xa están en marcha.

En Cambados, na inauguración de Foro Mar, José Miñones avanzou ao sector as primeiras liñas de axudas que publicou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación neste reto de relanzar o sector pesqueiro e colocalo no centro da recuperación da economía e da transformación de España.

O delegado reiterou que o mar é un sector estratéxico para a economía e o emprego, sobre todo en Galicia, e esta consideración xustifica a súa relevancia no Plan de Recuperación, no que “o ámbito agroalimentario e pesqueiro contará con 1.051 millóns de euros para investimentos e reformas de calado que transformarán e impulsarán o sector”.

Ante os profesionais do mar, reiterou a oportunidade que presenta o Plan de Recuperación, a través de liñas de axudas e financiación ás que animou a presentarse aos profesionais de Galicia porque “sen a colaboración público-privada e sen a participación de todos non será posible unha recuperación xusta”, insistiu.

Parte destas axudas e liñas de financiación xa están abertas. En concreto, hai tres en marcha que se dirixen a proxectos de incorporación de tecnoloxías da información e dixitalización da cadea mar industria e para a modernización e competitividade das empresas pesqueiras. E avanzou que “haberá moitas máis convocatorias, que se suman aos 1.120 M do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca que España recibirá nestes sete anos”.

Ademáis, o Plan de Recuperación tamén suporá unha revisión profunda do marco normativo nacional no que o delegado do Goberno situou a nova lei de pesca sostible, que está en negociación co sector.

Agradecemento

Na súa intervención, José Miñones expresou o agradecemento público aos profesionais do mar polo seu esforzo durante a pandemian para garantir o tirlle á cidadanía o subministro de peixe durante os peores meses, “co duro golpe que supuxeron para o sector medidas como o peche da hostalería”, sinalou.