Última hora

Última hora
Noticias relevantes en materia de cooperación económica local

18 de xuño de 2020 - Subvencións a entidades locais para paliar danos causados por temporais e outras situacións catastróficas.

O Boletín Oficial do Estado do día 18 de xuño de 2020 publica extracto da Resolución de 12 de xuño do 2020 da Secretaría de Estado de Política Territorial e Función Pública, pola apróbase a convocatoria das subvencións previstas no Real Decreto 630/2019, de 31 de outubro, polo que se declara a aplicación das medidas previstas no artigo 7 do Real Decreto-lei 2/2019, de 25 de xaneiro, a diversas situacións catastróficas acaecidas entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de marzo de 2019.

Aos proxectos directamente relacionados cos sinistros aos que se refire a convocatoria poderáselles conceder unha subvención de ata o 50 por cento do seu custo. O importe total máximo das subvencións convocadas é de 12.708.189,41 euros.

As solicitudes poderanse presentar no prazo de quince días hábiles, a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (ata o 9 de xullo de 2020).

AQUÍ poderá atopar toda a información.

2 de xuño de 2020 - Subvencións a entidades locais para paliar danos causados por temporais e outras situacións catastróficas.

O Boletín Oficial do Estado do día 2 de xuño de 2020 publica extracto da Resolución do Secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública de 25 de maio de 2020, pola que se aproba a convocatoria de subvencións previstas no artigo 9 do Real Decreto-Lei 11/2019, de 20 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes para paliar os danos causados por temporais e outras situacións catastróficas.

Aos proxectos directamente relacionados cos sinistros aos que se refire a convocatoria poderáselles conceder unha subvención de ata o 50 por cento do seu custo. O importe total máximo das subvencións convocadas é de 151.955.050,16 euros.

As solicitudes poderanse presentar no prazo de quince días hábiles, a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (ata o 23 de xuño de 2020).

AQUÍ poderá atopar toda a información.