José Miñones anuncia que o Goberno achegará 2,1 *M€ para transformar o Camiño do Mar de Arousa nun destino turístico de referencia, sustentable e competitivo
29/12/2021
Apunta que financiará o Plan de Sustentabilidade Turística impulsado pola Mancomunidade de Municipios do Salnés
Acompañado pola presidenta da Mancomunidade e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, detalla as principais accións que se executarán en tres anualidades
A achega estatal posibilitará a creación dunha rede de miradoiros, a contratación dun buque escola, restauracións ambientais e investimentos relacionados coa mobilidade sustentable e vehículos eléctricos
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio mobilizou no último mes 80 millóns de euros para a modernización e a transformación do turismo en Galicia e o Xacobeo
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou hoxe que o Goberno apoiará con 2.116.000 euros a transformación do Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla nun *desino turístico de referencia, sustentable e competitivo, apoiado en medidas de eficiencia enerxética e dixitais. A achega foi acordada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, dentro do Plan Nacional Turístico, e servirá para financiar o Plan de Sustentabilidade Turística neste destino que impulsa a Mancomunidade de Municipios do Salnés.
José Miñones desprazouse hoxe ata Meis, onde presentou este investimento acompañado pola presidenta da Mancomunidade de Municipios do Salnés, Marta Giráldez, e pola subdelegada do Goberno, *Maica *Larriba.
O delegado do Goberno felicitou aos promotores e promotoras do proxecto que servirá “para potenciar este Camiño tan singular que une mar, tradición e historia, e así situalo nun lugar prioritario na axenda turística internacional de Galicia e do Xacobeo”. Indicou que o de Mar de Arousa é un do sete Plans que subvencionará o Goberno de España en Galicia dentro do Plan Nacional Turístico Xacobeo e que financia o Plan de Recuperación, Transformación e *Resiliencia do Goberno.
José Miñones apuntou que o Goberno de España apoia ao Xacobeo “como unha oportunidade estratéxica para transformar o noso turismo e o das nosas vilas e concellos, a medio e longo prazo” e faino a través de investimentos programados, como o da Mancomunidade do Salnés, “co que a ruta *Xacobea do Salnés vivirá un antes e un despois” unha vez execútense todos os fondos asignados.
Plan de Sustentabilidade Turística do Camiño do Mar de Arousa
José Miñones explicou que a Mancomunidade do Salnés recibirá do Ministerio de Industria 2.116.000 euros divididos en tres anualidades, dos que 634.000 euros serán para o próximo ano 2022.
O Plan, baixo a denominación “Posta en valor da orixe de todos os Camiños *Xacobeos: Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla”, ten catro eixos principais:
1. Transición verde e sustentable. 458.000 euros. Neste apartado inclúese a humanización e mellora de accesibilidade nas rutas, a restauración ambiental da contorna e a instalación de puntos de recarga de bicicletas eléctricas.
2. Mejora de la eficiencia energética. 430.000 euros, que se dedicarán a acciones de renovación del alumbrado público e instalación de puntos de recargo de vehículos eléctricos.
3. Transición digital. 548.000 euros. Se instalará señalética turística digital (Smart Tourism), además de un sistema de conteo de visitantes y se dotará de red wifi a la zona.
4. Competitividade. 680.000 euros. Crearanse nove miradoiros orientados ao Camiño do Mar de Arousa e Río Ulla; financiarase un buque escola para sensibilizar á poboación escolar sobre os recursos da zona e a importancia do Camiño e ofertaranse os “bautismos de mar”, para iniciar aos visitantes na navegación a vela. Nesta liña, inclúese o apoio a pemes para o desenvolvemento de produtos turísticos innovadores e a realización dun congreso, xornadas de formación e outras accións de comunicación e sensibilización.
80 millóns de euros no último mes para o turismo e o Xacobeo
Na súa intervención, o delegado reiterou o compromiso do Executivo coa modernización e *trasformación do turismo en Galicia, que no último mes traduciuse en acordos que mobilizan 80 millóns de euros.
Por unha banda, os case 30 millóns de euros para o desenvolvemento de 13 plans de sustentabilidade turística na convocatoria extraordinaria deste ano e os 10 millóns de euros dos dous plans aprobados na convocatoria común. A estes acordos uníanse dous decretos vinculados directamente co Xacobeo: un primeiro, de 22,7 millóns, para a rehabilitación de *BICs vinculados ao Camiño de Santiago, e o segundo, cun investimento de 16,6 *M€ en sete plans de sustentabilidade turística en destino vinculados aos Camiños de Santiago, no que se inclúe o da Mancomunidade do Salnés.