María Rivas sinala que 4.000 coruñeses e coruñesas poderanse beneficiar das axudas do Goberno á Xunta para impulsar itinerarios de inclusión sociolaboral

23/11/2021

O Executivo autorizou a transferencia á Xunta de 10,6 millóns de euros para impulsar proxectos pilotos que permitan desenvolver mellores prácticas sociolaborais

Na Coruña son 15.871 as persoas beneficiadas polo Ingreso Mínimo Vital posto en marcha polo Goberno

A subdelegada do Goberno avalía coa directora provincial do INSS o desenvolvemento das políticas de protección ás persoas máis vulnerables


A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, sinalou que serán 4.000 os coruñeses e coruñesas que se poderán beneficiar laboralmente das novas axudas aprobadas polo Goberno para a Xunta de Galicia e que están destinadas a impulsar itinerarios de inclusión sociolaboral ligados ao Ingreso Mínimo Vital.

As axudas transferidas á Xunta son por un importe global de 10,6 millóns e forman parte do compoñente 23 do Plan de Recuperación, Transformación e *Resiliciencia do Goberno. De feito, a galega é a comunidade española que máis axudas recibirá do Estado para este programa.

*Maria Rivas avaliou coa directora provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Mari Paz Gómez; as políticas desenvolvidas para a protección das persoas máis vulnerables, dentro das que se enmarcan as novas subvencións autorizadas á Xunta e o Ingreso Mínimo Vital.

Neste sentido, o Consello de Ministros deu luz verde recentemente ao Real Decreto que regula a concesión directa de subvencións por parte do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións no ámbito da inclusión social, o que permitirá o desenvolvemento das políticas vinculadas ao *IMV. A materialización dese Real Decreto farase mediante a sinatura dun convenio coa Administración autonómica.

A Xunta de Galicia ten un importe máximo de axudas cifrado en 10.602.625,83 euros. O obxectivo é desenvolver proxectos piloto que cheguen a unha de cada *cuatdro persoas beneficiarias actuais do Ingreso Mínimo Vital grazas aos Fondos *Next *Generation.

Dado que na Coruña son actualmente 15.871 as persoas beneficiarias do *IMV, poderán ser unhas 4.000 as que poidan aproveitar laboralmente estes programas que se desenvolvan coas axudas transferidas polo Goberno á Xunta. En Galicia son 36.145 as *persoas beneficiarias do *IMV. En concreto, son 15.871 na provincia da Coruña, 10.594 en Pontevedra, 5.225 en Lugo e 4.455 en Ourense. Este dereito garante uns ingresos de entre 5.500 e 12.000 euros por fogar cada ano e está ligado a persoas de entre 23 e 65 anos, estando ademais acompañado por un itinerario de inserción laboral.

Galicia forma parte do grupo de nove comunidades seleccionadas polo Goberno para estes programas pilotos, xunto con entidades como Fundación Secretariado Xitano, Fogar Si, *Save *the *Children, Plena Inclusión e Cáritas.

A través destas axudas, traballarase no impulso de proxectos pilotos, mediante unha metodoloxía escalable, baseada en datos e avaliacións, que permitirá difundir e estender aquelas prácticas que teñan mellores resultados, é dicir, as máis eficaces no obxectivo da inclusión.

No desenvolvemento destes proxectos piloto, o Ministerio colaborará con dous das entidades máis prestixiosas no ámbito nacional e internacional dedicadas ao coñecemento da metodoloxía de ensaios de control aleatorio vinculada á redución da pobreza e a desigualdade, así como á economía do desenvolvemento: *J- *Pal e *Cemfi.

Os itinerarios de inclusión partirán dos beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital, pero poderán incluír a outras persoas en situación de vulnerabilidade. O obxectivo é chegar a distintos colectivos onde o *IMV ten unha presenza especial, como as familias monoparentais, os menores en situación de pobreza, as persoas sen fogar, persoas de etnia xitana, etcétera.

Los convenios tendrán ámbitos de actuación en varias materias, como la educación, la despoblación, la vivienda, la conciliación o la digitalización y tendrán un enfoque integral, al entender la inclusión como un aspecto para abordar en varias dimensiones.

María Rivas reiterou o gran traballo e esforzo do Goberno por crear un escudo social durante a pandemia que garantiu todos os dereitos e as prestacións sociais conquistadas moitos durante estes últimos anos por parte dos gobernos progresistas e lembrou que continúa nesta liña, prorrogando os *ERTE ata marzo de 2022 e impulsando as políticas sociais con transferencias ás comunidades autónomas para desta maneira dar continuidade ás políticas desenvolvidas desde a Moncloa e o Consello de Ministros.

Por iso, reclamou a necesaria lealdade e colaboración institucional para garantir a todos os coruñeses e coruñesas as prestacións ás que teñen dereito , lembrando que “Galicia recibiu desde setembro 828 millóns de euros de transferencias extraordinarias e non podemos esquecer que en 2022 as transferencias incrementaranse un 6 por cento e alcanzarán cifras marca, beneficiando a Galicia e ao resto de comunidades, respondendo a criterios de *cogobernanza e buscando sempre o máximo consenso cos gobernos autonómicos. Unhas transferencias, _proseguiu_ que teñen como un dos seus obxectivos fundamentais blindar o Estado de Benestar, cun gasto social marca, cun maior investimento para as persoas e destinando por iso máis para as persoas que máis o necesitan”.