Emilio González agradece a José Antonio Pérez o seu labor á fronte da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense

13/10/2021

O subdelegado do Goberno recibiu esta mañá ao xefe da Policía Autonómica en Ourense, que se despide do cargo con motivo da súa xubilación


O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, recibiu esta mañá na Subdelegación do Goberno ao xefe da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma, José Antonio Pérez Estévez, para manter un encontro de despida con motivo da súa xubilación.

O subdelegado do Goberno quixo agradecerlle ao máximo responsable da Policía Autonómica na provincia “o labor desenvolvido durante estes anos en Ourense, especialmente no último ano e medio marcado pola pandemia”. Emilio González tamén resaltou “a boa disposición e total colaboración amosada sempre con esta Subdelegación”.

Por último, Emilio González trasladoulle a José Antonio Pérez os mellores desexos no pase á nova situación.

José Antonio Pérez Estévez ocupa o cargo de responsable da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense dende o ano 2.016, formando parte da mesma dende a súa creación en 1.994.