Os delitos de estafas por internet creceron ao longo dos últimos meses na provincia

Os delitos de estafas por internet creceron ao longo dos últimos meses na provincia

09/07/2020

A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, subliña que tras o confinamento creceron os delitos de violencia de xénero e os roubos en vehículos


A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, presidiu hoxe a celebración da xunta provincial de seguridade na que participaron os máximos responsables dos corpos e forzas de seguridade na provincia de Pontevedra. En concreto, asistiron o coronel xefe, da Garda Civil, Simón Venzal; la comisaria provincial da Policía Nacional, Estíbaliz Palma; y el comisario xefe de Vigo, Carlos Valcarcel.

Ao ser esta a primeira xunta de seguridade tras o Estado de Alarma aportáronse os datos do primeiro semestre do ano, no que destaca que os delictos na totalidade da provincia baixaron de media un sete por cento. Larriba asegurou que este descenso veuse motivado basicamente polo tempo de confinamento da cidadanía pola pandemia do Covid-19.

Non obstante, a subdelegada destacou que ao longo deste mesmo período rexistrouse un incremento moi considerable dun dos feitos delictivos, que xa noutros períodos anteriores fai crecer as estatísticas. “As estafas bancarias por compras de internet tivo nestes meses un forte repunte con respecto ao mesmo período do ano anterior debido as maiores compras que os cidadáns fixeron ao longo destes meses”, destacou a subdelegada.

Unha vez que a cidadanía regresou a “nova normalidade”, Larriba subliñou que se incrementaron outros dous tipos de delitos moi preocupantes. As agresións e ameazas de violencia de xénero e os roubos en vehículos. “Estes dous delitos viron un lixeiro incremento a partires do mes de xuño de 2020 –añadeu Larriba- o que é moi preocupante”.

Con respecto a celebración o próximo domingo das eleccións autonómicas a subdelegada mantivo que os corpos e forzas de seguridade do Estado volverán a realizar un despregamento semellante ao realizado nas últimas citas electorais “garantindo así o dereito ao voto de todos os cidadáns”.

Por último, analizouse as previsións de cara a campaña de verán na que os responsables dos corpos e forzas de seguridade do Estado coincidiron en que a afluencia de turistas será menor que noutros anos pero que aínda así manterase e intensificarase a presenza nos lugares habituais de maior concentración turística. “Trátase de garantir que a provincia de Pontevedra  siga a ser un destino turístico seguro como ven ocorrindo nos últimos anos”, concluíu Maica Larriba.