Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Galicia
- Government Delegate.
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Lugo
- Government Sub-delegation in Ourense
- Government Sub-delegation in Pontevedra
- Government Sub-delegation in A Coruña
A subdelegada do Goberno en Pontevedra recibe ao comité de empresa do estaleiro Factorías Vulcano
13/12/2018
Os sindicalistas expuxeron á subdelegada do Goberno a extremada situación pola que atravesa a empresa
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, mantivo hoxe unha xuntanza cos voceiros do comité de empresa do estaleiro vigués Factorías Vulcano. Os traballadores expuxeron á subdelegada a situación que está a atravesar a empresa cun ferri para Naviera Armas que permanece bloqueado nas gradas sen poder concluírse pola falta de financiación.
O comité mantén todas as esperanzas na xuntanza que celebrarase mañá venres na Xunta de Galicia, na que participarán o Banco Santander, Naviera Armas e o propio comité, coa que pretenden desbloquear a situación e concluír a construción deste buque e a súa posterior entrega ao armador.
Larriba subliñou o súa solidariedade cos traballadores e apostou por unha saída consensuada entre as partes que garanta a continuidade dos traballos neste buque para que a plantilla poda cobrar os seus salarios e as auxiliares os traballos desenvolvidos ate de agora.
A subdelegada recordou que os estaleiros da ría de Vigo seguen a ser un sector punteiro e fundamental para a economía de toda a provincia e mostrou ao comité de empresa toda a súa disposición a colaborar nun desenlace positivo.