Isabel Rodríguez anima a pilotos e afeccionados a gozar do Rally San Froilán con total respecto ás medidas de seguridade

Imagen subdelegada presentación Rally San Froilán

19/10/2021

As forzas de seguridade do Estado colaboran coa organización para facilitar o desenvolvemento da proba

O Rally San Froilán terá lugar a próxima fin de semana en estradas de Lugo, Outeiro de Rei, Friol, O Corgo, Sarria e Láncara


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, animou a pilotos e afeccionados a gozar do Rally San Froilán sen poñer en risco a súa saúde nin a súa seguridade. A subdelegada participou esta mañá na presentación da 43ª edición do rally lucense que tivo lugar na praza de San Marcos.

Isabel Rodríguez apelou a todas as persoas que se darán cita no Rally, tanto pilotos como espectadores, para que actúen coa máxima responsabilidade e lembrou que as forzas e corpos de seguridade do Estado apoiarán o dispositivo montado pola organización para facilitar a proba que terá lugar esta fin de semana

A subdelegada felicitou á Escudería Miño polo seu esforzo para asegurar a celebración dunha carreira de primeiro nivel e clebrou que este veterano Rally manteña a súa vitalidade, superando obstáculos como a grave crise sanitaria que, pouco a pouco, imos remontando.

A 43 edición do Rally San Froilán desenvolverase entre os días 22 e 24 de outubro. Este ano a proba disputarase nos concellos de Lugo, Outeiro de Rei, Friol, O Corgo, Sarria e Láncara, con un percorrido de 474 km dos que 116 corresponden a treitos cronometrados por estradas asfaltadas que estarán pechadas ao tráfico