Isabel Rodríguez felicita a Correos polo seu apoio aos veciños do rural

15/09/2021

A subdelegada recibe ao novo xefe de sector de oficinas de Correos en Lugo, Miguel Ángel García Folgueira


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, reuniuse hoxe co novo xefe de sector de oficinas de Correos en Lugo, Miguel Ángel García Folgueira, que desde este verán ocupa o cargo en substitución de Xosé Chorén, tralo seu nomeamento como xerente de produtos e servizos da área Noroeste da empresa pública.

 

Isabel Rodríguez interesouse pola marcha dos proxectos que está a desenvolver Correos na provincia de Lugo para que os veciños da zona rural poidan acceder a distintos servizos aproveitando a implantación no territorio da empresa pública.

 

A subdelegada destacou a importancia de que os concellos menos poboados dispoñan de servizos como os que lles está a facilitar Correos que elixiu a provincia de Lugo para poñer en marcha o seu proxecto piloto de oferta de servizos a domicilio a través da súa rede de carteiros rurais.

 

Outra iniciativa pioneira que vén de estrearse nas últimas semanas é a implantación dun caixeiro automático na oficina de Correos de Samos, que lles permite a veciños, pequenos empresarios e peregrinos realizar transaccións económicas na localidade sen ter que facer desprazamentos.

 

Rodríguez agradeceu a Correos a implantación destas medidas pioneiras e felicitou García Folgueira polo seu nomeamento, ademais de desexarlle éxito no responsabilidade que acaba de asumir.