Maica Larriba anima á mocidade a converterse na xeración da igualdade
24/11/2020
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe o acto de entrega dos premios da IV edición do concurso escolar contra a violencia de xénero organizado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, presidiu hoxe o acto de entrega dos premios da IV edición do Concurso escolar de fotografía e vídeo organizado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra co gaio do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora mañá.
A subdelegada do Goberno quixo destacar, en primeiro lugar, a calidade das obras recibidas e o compromiso dos seus creadores e creadoras. “Un compromiso contra a violencia de xénero que faime sentir moi orgullosa, como docente e como subdelegada do Goberno. A violencia contra as mulleres é unha das principais eivas da nosa sociedade e cada un de nós temos un papel moi importante para combatela. Porque está claro que esta pandemia non se tapa cunha máscara, senón cunha concienciación individual e moita educación en igualdade”, asegurou Larriba.
Mañá celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que a Organización das Nacións Unidas conmemora este ano baixo o lema: “son da xeración da igualdade: polos dereitos das mulleres”. Maica Larriba pediu ao alumnado premiado que faga seu ese lema, para que “todos e todas as que hoxe nos acompañan poidan berrar que son desa xeración”. A subdelegada quixo, así mesmo, lembrar o compromiso do Goberno de España coa igualdade, “unha das nosas políticas horizontais e prioritarias”.
Por último, Larriba agradeceu a participación do estudantado da provincia, así como o traballo realizado polo xurado, integrado por Emma Torres Romay, decana da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo; Andrés Fraga, profesor de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo; Mónica Patxot, licenciada en Xornalismo e fotógrafa do xornal dixital Pontevedraviva; e Mª Belén Rubido da Torre, xuíza decana de Pontevedra e xuíza de Violencia de xénero en Pontevedra.
Máis dun centenar de obras recibidas e 8 galardóns entregados
Nesta edición, os escolares de case unha vintena de institutos da provincia remitiron á Subdelegación máis dun centenar de traballos de vídeo e fotografía. Segundo establecían as bases, entregáronse un primeiro e segundo premio por cada modalidade –fotografía e vídeo–, e categoría –a primeira categoría abrangue ao alumnado de ESO/FP Básica/Ciclo Medio e a segunda categoría inclúe aos estudantes Bacharelato e FP Superior–, que recaeron en:
CATEGORIA 1 (ESO, F.P. Básica e F.P. Ciclo Medio) FOTOGRAFIA
1º PREMIO:
Obra: A lúa da meiga
Autor/a: Alexandra Corredoira Peleterio
Colegio: IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra) Curso: 2ºESO
2º PREMIO:
Obra: Huellas invisibles
Autor/a: Neva Alonso Gago
Colegio: Colegio Eduardo Pondal (Cangas)
Curso: 3ºESO
CATEGORIA 2 (Bacharelato, F.P. Ciclo Superior) FOTOGRAFIA
1º PREMIO:
Obra: Aléjate
Autor/a: Uxía López Míguez
Colegio: CPR Santiago Apostol (Soutomaior)
Curso: 2º BAC
2º PREMIO:
Obra: Secuelas
Autor/a: Lucía Estévez Cid
Colegio: IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)
Curso: 2º BAC
CATEGORIA 1 (ESO, F.P. Básica e F.P. Ciclo Medio) VIDEO
1º PREMIO:
Obra: Cambiemos esta banda sonora
Autor/a: Mateo Gil Sestelo
Colegio: CPI Mondariz (Mondariz)
Curso: 2ºESO
2ºPREMIO:
Obra: No a la violencia de género
Autor/a: Paula Fernández Carballo
Colegio: CPR Plurilingüe Casa de la Virgen (Cangas)
Curso: 1º ESO
CATEGORIA 2 (Bacharelato, F.P. Ciclo Superior) VIDEO
1º PREMIO:
Pongámoslle un punto y final
Autor/a: Mara Franco Rodríguez
Colegio: CPR Santiago Apóstol (Soutomaior)
Curso: 2ºBAC
2º PREMIO:
Obra: Vas tarde
Autor/a: Aloia López Martínez
Colegio: IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)
Curso: 1ºBAC
Na primeira categoría, o primeiro premio consistiu nun ordenador portátil e o segundo nunha táblet, e na segunda categoría como primeiro premio entregouse un ordenador portátil e como segundo un vale por un importe de cen euros. O concurso conta co patrocinio de Audasa, El Corte Inglés e o Grupo Froiz.